Foolmakers en El Contrabajo con entrada a 8€.
Grupo formado en 2013. O seu repertorio está composto fundamentalmente por standards de jazz, traducidos ao galego as máis das veces e adaptados á “realidade galega” cun importante toque humorístico. Actualmente veñen de publicar o seu primeiro disco “Un polbo en San Froilán” no que incorporaron ademais de temas claramente jazzísticos outros como a copla “La bien pagá” convertido a swing en “O ben pagao”, o tema soul “Me and Mrs. Jones” convertido en “Eu cun de Friol” e o clásico galego “O sancristán de Coimbra” transformado en “The sexton of Coimbra”.
Paula Cores: voz; Luís Vila: piano; Sergio Abuín: guitarra; José Angel Sánchez: batería; Carlos Doval: baixo